4 de julho de 2007

Respirando baixo a auga

Mimaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa, parecemos sapiños nesta foto!!!!Jajajaja. (por certo, eu estaba a facer o parvo pa non variar...)


Primeiro día prácticas de mergullo en piscina, toda unha experiencia. Montamos o equipo: chaleco, botella (como pesaba a condenada!!) e regulador, puxemonos o traxe, os escarpíns (non sei é así en galego...), as aletas, a máscara e ¡a augaaaaa! a dar unhas voltiñas antes de probar o equipo, a verdade case todo o medo pasou unha vez alí.


Xa con todo posto era como transformarse en pedra, non había quen se movera!!!ata que nos metimos na auga, uf! que alivio.


Ao principio todo ben, respiraba, que é o máis importante. O problema apareceu cando chegamos ao fondo que daba un pouquiño de agobio, facíase rarísimo respirar alá abaixo. Tamén entraba auga na máscara, seguramente porque non a tiña ben colocada, para min iso foi o peor porque se pechaba os ollos dábame sensación de inseguridade e con eles abertos irritábanse por causa do contacto do cloro coas lentillas, ao final subín coloqueina ben e xa está (e que aínda non controlo o mecanismo de quitar a auga da máscara dentro da auga, un rollo...).


Quitando estes incidentes sen importancia, foi alucinante!!! Tan só queda controlar algúns detalliños como conseguir flotabilidade neutra para non parecer patos mareados mentres buceamos, entre outras cousas.




Estou desexando probar a experiencia no mar, se me gusta o mar visto desde a costa, se me encanta navegar, se alucino coa enorme diversidade de flora e fauna que nel podemos atopar, imaxinas entón como será entrar no seu corazón??!!! Xa non só terei visión de ave, se non tamén de golfiño!! Serei un golfiño leeeeento e patoso.








P.D.: Incrible, despois de case un ano sen por o pendiente no narís, e o burato non pechou!!!!!Este finde comprei un ariño e hoxe probeino a ver se entraba, e si, sen ningún problema.

2 comentários:

blissa disse...

Increibleeeeeeeeeeeeeeeee

Eu creo que o pero case é manter o equilibrio.
Eu dunha vez cando estabamos de rodillas no fondo da piscina caín pra un lado e pra levantarme... uff jajajajajajaja

E o da máscara agobia moitisimo!!! a min o principio tamén me pasaba, que parecía que me faltaba o aire, pero de ke me din conta que non afogaba xa quedei trankila jajaja.

Por certo, tiña medo que rir co cacharro posto fose perigoso, pero non, podes rir trankila jajaja, é que ó principio facíame gracia o de comunicarse por xestos e dábame a risa jajajajajaja

en fin, a ver mañá que tal!!!!!!!


e como che deu por poñer o aro no nariz?????

Hermaco disse...

Cando me meto na auga do mar sempre abro os ollos, deste xeito síntome un pouco tritón, peixe ou golfiño, non sei.

A caída de osíxeno en sangue devólveme da ilusión e obrígame a saír a superficie.

Un día heime quedar debaixo a ver que pasa.....