Foi tanto o que vivimos xuntas, tantas experiencias compartidas, pensar que estivemos a nada de ser familia!!!Jajajaja. Ti fuches a que primeiro voou, e canto che costou meninha, cando parecía que ías a comezar mover as alas chegaba unha treboada que cho impedía, pero ao fin conseguíchelo e agora voas tan alto...que terán os venezolanos!!! E así dichesme impulso e valentía para seguir adiante coa miña decisión. Agora as dúas seguimos camiños moi distintos, pero de vez en cado levantamos a cabeza para ver como se encontra a outra. Tomamos a decisión correcta.
Noite a ritmo de As Meninas Xi bom bom, con baile incluido, que rematou coa nosa canción O amor de Julieta e Romeu de Daniela Mercury a ritmo de merengue duro como a min me gusta, menudo baile, eh?!, xa non lembraba o placer que é bailar con taconazos. Magoa que como a Cenicienta tivese que marchar cedo (bueno, dúas horas máis tarde ca ela) e tamén case perdo un zapato!!!jajajaja, no aparcamento de Barcelos coas presas desatouse unha sandalia e quedoume atrás! pero recollina eu...será que non creo nos príncipes azuis...
Quero darlle un aplauso enorme, xa que parece que recapacitou sobre a súa postura respecto o de falar galego, novo comentario: "Somos galegas, non?, pois se nos non falamos galego quen o vai a facer", ainda que isto o dixo en castelán, agora que conseguín que cambiara o chip...a ver se consigo que fale en galego, jajaja



4 comentários:
Gran paso o comentario sobre o galego!! si señor!!
Eu o final tamén salin un pouco, pero bah
Que rápido publicas nena! non das tempo de reaccionar
E sí, tomastes a reacción correcta, claramente
bicos lua!
Eres rápida coma unha centella!!!jaja
Boa noite pasamos recordando momentos e vivenzas..(espero non perdas a costume e vexamonos mais noites ou dias...e non pase tanto tempo)Sabes que TE QUIERO MUCHO, COMO LA TRUCHA AL TRUCHO O MAS jeje.
En fin que tal o meu galego??? fai tempo que non o practico perdoade se cometo algún insulto o noso idioma.Con moito cariño,Brasil jeje
Aiiiissssshh!!!Miña pequeniña, que ben che queda o galego!!!
Xa sabes, tesme que gardar un venres desos que non traballes para sair a bailar, que tempos!!! Agora temos que volver a coordinar esos pasos.
A ver se te abandono un pouco menos...Perdoaaaaaaaaaaaaaaaaa.
Quero ver iso de que non me teras olvidado eh...
Informacion gratuita facilitada por A.C.G : Cgegou o irman de Kot e é coma el de educado de atento de agradable...moi ben moi ben
E vai ir traballar comigo o fin de semana...
Xa sabes pasate se podes...
Un bikiño e unha aperta
Postar um comentário