Comeza a conta atrás, tantas cousas que facer e tan pouco tempo...
En menos dun mes xa cambio de casa e é un non parar, dar de alta luz, auga, comprar mobiliario, lavadora, nevera, etc., etc., etc.. É case todo o teño que facer eu xa que son a que ten as mañás "libres", pero é o que hai e hai que adaptarse ainda que as veces se me veña todo un pouco enriba ao estar eu soa no medio de tanto papeleo, chamadas de aquí e alá... xa tiven tentancións de pasar de todo e irme á praia a respirar un pouco de esa brisa mariña que tan ben senta. Se polo menos tivera un pouco máis de tempo...
Parece mentira cantos sentimentos contrarios pode crear unha mesma situación, uns momentos estou contenta, gustame pensar en como decorarei cada recuncho do novo niño e mesmo me apetece cambiar de aires, outros parece que o mundo se ven abaixo e penso ¿Acostumareime a vivir nun piso? toda a vida vivindo nunha casa e o único ano de toda a miña vida que estiven nun sentiame como gata engaiolada se me descuido subiame polas paredes, ainda recordo a sensación de agobio, estaba sempre de mal humor, ¡¡non me recoñecía!!.
Pero realmente o que máis me preocupa é Kiariña, non sei se se adaptará. Cando quede soiña na casa vaise sentir como abandoada nun lugar extraño no que non recoñecerá os olores, ¿chorará cando non poidamos escoitala? agardo que non faga moito ruido porque se os veciños comezan a protestar...buf!! prefiro non pensar... Ela é a miña alegría, o que fai que a volta a casa sexa unha festa continua de saltos e lametóns, a miña compañeira de paseos, penas e a que me seca as bagoas cando me atopa triste, cando xa non estea comigo pasareino moi mal, agardo que ese día esté ben lonxe. Eu tentarei facerlle a vida o máis cómoda, feliz e agradable que poida según as suas necesidades.
O que máis me tranquiliza e pensar que por fin vai ser a última mudanza (esta xa é a terceira!!) polo menos ata que eu decida facer a miña vida, pero xa será distinto, será cando eu o decida.
Bueno e mañá mais, xa levaremos a Kiara para que vaia coñecendo o seu novo territorio, a ver que tal.
4 de outubro de 2007
Assinar:
Postar comentários (Atom)



1 comentários:
Eu coñecinte cando vivías nun piso e non te recordo sempre de mal humor!! o que pasa é que sempre soubeches disimular moi ben...
Xa verás como te adaptas. Vale, é un piso, pero non é nunha gran cidade!! e estarás preto miña =) a min alégrame que te mudes, non o vou a negar, pero sei que serías máis feliz nunha casiña.
Xa sabes que cando eu teña a miña casa da praia serás ven recibida sempre que queiras, e poderemos ver sopros de baleas desde as ventás
Kiariña adaptarase perfectamente, ke xa é maiorciña! ainda que medo me da... jajajajaja
Postar um comentário