29 de novembro de 2007

Volta a empezar


Este último mes tiven abandoado o blog, tiveronme sen internet!! a verdade e que neste tempo dinme de conta que nos últimos anos convertiuse nunha ferramenta case indispensable nas nosas vidas, e xa non solo de comunicación se non tamén de traballo e de búsqueda de información. Preguntome que pasaría se un día deixasen de funcionar toda-las redes do mundo, creo que sería un pouco caótico.

Bueno e vos preguntaredes a que ven esta foto, pois a verdade e que non tiña idea de que por pero xa ían sendo horas de renovar e algunhas persoiñas xa estaban protestando de ver sempre que entraban aquí unha foto tan desagradable, ainda que imaxe habitual neste país e tamén por desgracia de orgullo para moitos/as. Bueno pois ao que ía, ¿por fin? se empeza a notar o inverno cando parecía que este vran ía ser eterno, ¿será por iso que me costa tanto erguerme da cama últimamente?, así que aquí está unha foto garciosiña de Kiara (para compensar a outra) toda abrigada non vaia a ser que colla un resfriado, ainda que a saquei o ano pasado (as veces danme tolemias e disfrazoa para sesións fotográficas, e que está tan simpática!!)

.

.

.

A partir de agora volta a empezar, con todo...

2 comentários:

blissa disse...

dis o de volta a empezar como se fose malo. os comezos (case)sempre son bos, non te esquezas que o triste son os finais!!

a foto de kiara...
jajajajajajajajajajajajajajaja
xa a vira pero é impresionante jajajajajajajajaja
parece tan boíña ahí envolta, e en realidade é unha boa peza!! téñolle cariño desde que aquel día que fun á túa antiga casa e non me ladrou (que me tire na cama e me intente lamber de noite tomareino como un xesto de cariño)

un bico ás dúas!!!

(e sí, un pouco caótico sí que sería quedarse sen internet. imaxína quedarse sen electricidade ningunha e sen móbiles!! morremos. que triste)

Hermaco disse...

Noraboa por verte renovada outra vez. Xa estamos tan habituados a estas tecnoloxías que pensamos que non poderemos sobrevivir sen elas, outras inventariamos.

Saúdos

Hermaco