
13 de julho de 2007
12 de julho de 2007
El Mar

Valerio Magrelli
¿Qué es en definitiva el mar?
¿por qué seduce? ¿por qué tienta?
suele invadirnos como un dogma
y nos obliga a ser orilla
nadar es una forma de abrazarlo
de pedirle otra vez revelaciones
pero los golpes de agua no son magia
hay olas tenebrosas que anegan la osadía
y neblinas que todo lo confunden
el mar es una alianza o un sarcófago
del infinito trae mensajes ilegibles
y estampas ignoradas del abismo
trasmite a veces una turbadora
tensa y elemental melancolía
el mar no se avergüenza de sus náufragos
carece totalmente de conciencia
y sin embargo atrae tienta llama
lame los territorios del suicida
y cuenta historias de final oscuro
¿qué es en definitiva el mar?
¿Por qué fascina? ¿por qué tienta?
es menos que un azar / una zozobra /
un argumento contra dios / seduce
por ser tan extranjero y tan nosotros
tan hecho a la medida
de nuestra sinrazón y nuestro olvido
es probable que nunca haya respuesta
pero igual seguiremos preguntando
¿qué es por ventura el mar?
ese enigma que queda
más acá y más allá del horizonte?
....................................................Mario Benedetti
10 de julho de 2007

1.- Desaparezo durante un par de días, marcho neste pedaso motoveleiro. Hacia onde? pois quen sabe...¿A que? Pois como di miña nai "a ver avistamentos"jajaja. A ver se vemos golfiños comúns!! que aínda non os vin :(
.
.
.
2.- Terei que botar o doble de crema que o habitual, teño a espalda e a parte de atrás das pernas que parezo un camarón!!! NOTA: Non quedarse durmida na praia e ao sol entre as 2 e as 4 da tarde, aínda que botes protección solar!!
.
.
.
3.- Anecdota do día: Quen sabe o que a xente pensaría hoxe de min... Resulta que unha pobre bolboreta quedou atrapada no bus que vai ata a miña casa, andaba dunha ventanilla para outra da parte de atrás do bus, intentando atravesar os cristais como fose. Aguanteime case todo o camiño, pero non podía marchar e deixala ahí!! Así que puxen a chaqueta e o bolso no asiento do bus e dispúxenme a collela, nun principio escapou, pero nunha destas pousou na espalda dun señor que ía no bus, achegueime a el e pedinlle que non se movera (con moita educación), e con moita delicadeza collina despistada. Pensei que morria da risa coa cara de asustado que tiña o señor, debía pensar que tiña algún bicho raro ou sabe dios o que, despois cando veu que era a bolboreta sorriu e sen ter que dicir nada abriume a ventanilla para que a soltara. E ale a bolboreta por fin ceibe. Menos mal que había pouca xente!! e a que había mirabame con cara de: Arriscase a facer o rídiculo por un simple bicho, jajaja. Aínda estivo divertida a cousa.
.
.
.
.
Hoxe apeteceme deixar unha canción de Astarot, para a quen lle apeteza escoitala, título: Meu amor é mariñeiro. http://www.astarot.es/vermedia.aspx?T=Meu+amor+e+mari%c3%b1eiro&D=-&M=132&V=1&IdCancion=49
.
.
.
"...corazón que nace libre non se pode encadear"
"...Vale máis ser libre un día no confín do bravo mar, que vivir toda a vida preso escravo e acabado"
(Astarot, meu amor é mariñeiro)
8 de julho de 2007
Saturday night
Foi tanto o que vivimos xuntas, tantas experiencias compartidas, pensar que estivemos a nada de ser familia!!!Jajajaja. Ti fuches a que primeiro voou, e canto che costou meninha, cando parecía que ías a comezar mover as alas chegaba unha treboada que cho impedía, pero ao fin conseguíchelo e agora voas tan alto...que terán os venezolanos!!! E así dichesme impulso e valentía para seguir adiante coa miña decisión. Agora as dúas seguimos camiños moi distintos, pero de vez en cado levantamos a cabeza para ver como se encontra a outra. Tomamos a decisión correcta.
Noite a ritmo de As Meninas Xi bom bom, con baile incluido, que rematou coa nosa canción O amor de Julieta e Romeu de Daniela Mercury a ritmo de merengue duro como a min me gusta, menudo baile, eh?!, xa non lembraba o placer que é bailar con taconazos. Magoa que como a Cenicienta tivese que marchar cedo (bueno, dúas horas máis tarde ca ela) e tamén case perdo un zapato!!!jajajaja, no aparcamento de Barcelos coas presas desatouse unha sandalia e quedoume atrás! pero recollina eu...será que non creo nos príncipes azuis...
Quero darlle un aplauso enorme, xa que parece que recapacitou sobre a súa postura respecto o de falar galego, novo comentario: "Somos galegas, non?, pois se nos non falamos galego quen o vai a facer", ainda que isto o dixo en castelán, agora que conseguín que cambiara o chip...a ver se consigo que fale en galego, jajaja
7 de julho de 2007
Natasha St-Pier, Encontrarás
Revisando os discos que xa había tempo que non escoitaba atopei este De l'amour le mieux de Natasha St-Pier. No enlace que deixo abaixo podedes escoitar unha das súas cancións máis coñecidas en España que canta xunto a Miguel Bosé, Encontrarás. A min encantame escoitala cantar en francés.http://www.youtube.com/watch?v=GBGjB1I4sRA
Así comeza:
5 de julho de 2007
Tempo

4 de julho de 2007
Respirando baixo a auga
Xa con todo posto era como transformarse en pedra, non había quen se movera!!!ata que nos metimos na auga, uf! que alivio.
Ao principio todo ben, respiraba, que é o máis importante. O problema apareceu cando chegamos ao fondo que daba un pouquiño de agobio, facíase rarísimo respirar alá abaixo. Tamén entraba auga na máscara, seguramente porque non a tiña ben colocada, para min iso foi o peor porque se pechaba os ollos dábame sensación de inseguridade e con eles abertos irritábanse por causa do contacto do cloro coas lentillas, ao final subín coloqueina ben e xa está (e que aínda non controlo o mecanismo de quitar a auga da máscara dentro da auga, un rollo...).
Quitando estes incidentes sen importancia, foi alucinante!!! Tan só queda controlar algúns detalliños como conseguir flotabilidade neutra para non parecer patos mareados mentres buceamos, entre outras cousas.
Estou desexando probar a experiencia no mar, se me gusta o mar visto desde a costa, se me encanta navegar, se alucino coa enorme diversidade de flora e fauna que nel podemos atopar, imaxinas entón como será entrar no seu corazón??!!! Xa non só terei visión de ave, se non tamén de golfiño!! Serei un golfiño leeeeento e patoso.
P.D.: Incrible, despois de case un ano sen por o pendiente no narís, e o burato non pechou!!!!!Este finde comprei un ariño e hoxe probeino a ver se entraba, e si, sen ningún problema.
2 de julho de 2007
Miña lingua galega
Algúns insinuaron que en que andaba metida pra ter ese cambio tan repentino..., sen comentarios.
Que si falei toda a vida castelán é absurdo que agora cambie.
Que estaba máis guapa falando castelán (con isto por pouco morro coa risa).
De visita na casa dunha tía: Aiiiii, aí nos ven a jallejiña!!.
Eu: De verdade, canto o sinto, non sabía que os avos te recolleran noutro país.
(Ata creo que lle pareceu mal a miña contestación!!)
Unha amiga: a mi háblame castellano y déjate de tonterías (parece mentira que isto o diga unha persoa na que a metade da súa familia é brasileira e fala portugués, ela cando fala con eles tamén fala portugués e moi orgullosa!!!)
Tamén continuas correcións do meu desastroso galego, pero non constructivas se non con recochineo, e por xente que fala castelán!!! Sei que cometo moitísimos erros tanto o escribir coma o falar, pero aí está o meu reto, sempre mellorar. Ademais falo como me da a jana, como me sae, e punto.
E por último a frase estelar no medio dunha conversa cunhas primas, na que eu era o tema de discusión (referíndose o feito de que sexa vexetariana e o do galego): Bueno ya volverá a cambiar..., está en la época de la tontería universitaria, esto debe de ser como la edad del pavo. (creo que por pouco se me rompe a mandíbula de tanto que abrín a boca).
Eu (irónicamente): Sí, cuando se me pase la tontería os invito a una churascada en la que hablaremos todos castellano, y si hace falta matamos al cerdo nosotros mismos para celebrarlo. (Hai que joderse cos señoritos...)
Por todo isto, e por se toda esta xente algún día da unha voltiña por eiquí, esta é a contestación a todo, un poema fantástico de Celso Emilio Ferreiro:
Deitado frente ao mar
Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos
non falo pra os finchados,
non falo pra os estúpidos,
non falo pra os valeiros,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,Galicia,
doce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
Tamén dicir que non todo foron malos comentarios, unha ata se animou a falar comigo en galego, e agora as veces falao na casa!!!cando nunca dixo nin unha soa palabra en galego. Se provocase iso en máis xente...


