20 de setembro de 2007

Para maiores de 18





A que está no medio (debaixo) deses dous "caniches" saidos é a miña cadeliña kiara. Pois si, como debedes imaxinar está en celo e é o meu calvario diario.


A cadela negra que sae de fondo (chamase Mini) a pobre debe estar flipando en colores, cando saquei a foto non me decatara que estaba ahí, espectante, supoño que coma min tería curiosidade de como se amañarían estes dous para conseguir o seu propósito.



A estes vanlles os tríos, un por diante outro por detrás, o pouco intentano de lado (a ver se por sorte hai algun burato entre as costelas para saciar o apetito sexual). Pero non se dan conta que é misión imposible??!! que lle queda grande demais!! (digo por Kiara). Bueno, din que a esperanza é o último que se perde...





Saio de paseo e levo detrás unha procesión de cinco cans polo que os veciños se me quedan mirando, o can que esta por detrás durme na porta da casa e de vez en cando escoitanse uns lamentos, tan pronto saco a Kiariña pola mañá ahí está, chego co coche e tamén está, pero ese can non ten dono!!



Bueno agora só me queda agardar a que non lle atoparan o xeito nun descuido meu ou de miña nai, non quero nin imaxinar que sairá de semellante cruce!!

7 de setembro de 2007

De guía a Sálvora

¡¡ESTOU DOS NERVIOS!!
.
.
.

Mañá é a miña primeira vez como guía, vamos á Illa de Sálvora no catamarán todo o día, e nada máis e nada menos que con 100 persoas!!!! Menos mal que van dúas guias mais...

.

Desta terei que acostumarme a falar en público... agora ou nunca.

.

Bueno se mañá non sabedes nada de min é que me deu un infarto da impresión.


Gracias!!


3 de setembro de 2007

Sen título, sen palabras, tan so unha imaxe...