Non so é que estea boísimo ou que teña tantas variedades que precises de toda unha vida para probalas, se non que AGORA ME DUCHO CON EL!!
Un día de compras achégome a sección de geles de baño e vexo este que está aquí, a dereita. Como non, ao ver algo así o primeiro que fas e cheiralo e eu pensando "de seguro que nin se parece", pois estaba equivocada!! ten un cheiro moi característico a mus de chocolate, non puiden evitar a tentación e o secuestrei para a miña casa e tan pronto cheguei metinme na ducha correndo para probalo jajajajaja, parecía unha nena. En serio ao principio resultabame raro pero é un alucine.
Se algún/a chocolateiro/a se decide a compralo un conselliño se estades empachados de comer non o usedes se non faise un pouco empalagoso.
Ah!! esqueciame e é unha das cousas máis importantes, pon claramente na etiqueta NO TESTADO EN ANIMALES. É unha maravilla.
Cambiando de tema, pero seguindo co chocolate, unha pequena anécdota que fai que me poña un pouquechiño colorada. Un día cambiando de canal escoito na tele unha canción que falaba do chocolate e resulta que era o comezo dunha telenovela de antena 3...que se chama dame chocolate, como ía do meu doce favorito me quedei vendo o capítulo por curiosidade, e non pode ser..¡¡engancheime!!jajajaja, e iso que a maioría dos días non estou na casa pola tarde.
SI, SON ADICTA AO CHOCOLATE
P.D.: As cancións encántanme, así que si andades sobraos de tempo escoitadeas.



2 comentários:
Mimadriña! Parece coma se levásemos vidas paralelas, eh?? Por se os títulos do blog e os nicks non fosen suficiente, eu tamén son adictísima ó chocolate jajajaja
Supoño que xa te decatarías lendo o da Festa do Chocolate... Ademáis, tamén son insonme!!
A partir de agora intentarei pasarme por aquí a miúdo para ver qué cousas che van pasando :)
Por certo, noraboa por atreverte a probar ese xabón de chocolate... Mira que o teño visto centos de veces, pero non sei por qué non me decido a compralo...
Un biquiño!
Eso mesmiño pensei eu ;).
Será todo un pracer ter a túa visita por aquí.
Un Biko moi forte Lúa.
Postar um comentário