13 de fevereiro de 2008

Cousas que pasan

Disque o ser humano é o único animal que bate dúas veces na misma pedra. É certo, e dúas, e tres e mais tamén. O peor de todo e que cada vez o tamaño e a profundidade da ferida aumenta a cada golpe, e faise moito mais difícil de curar. Así que todo o mundo debe de ter coidadiño con esas pedras xa coñecidas que sempre baten no mesmo sitio.


Tamén din que as veces hai que facerlle caso ao corazón, na maior parte dos casos isto acaba sendo un erro, ¿pero como deixar de escoitar o seu berro enxordecedor que anula toda racionalidade?


Todo irá ben ata que chegue o momento no que se convirta nun susurro que deixe ver a realidade, e escoitar á cabeza e quitar as vendas dos ollos. Pero quizais nese momento todo sexa demasiado tarde para dar marcha atrás.















3 comentários:

Anônimo disse...

O peor é seguir batendo con esas pedras que fan tanto dano sabendo que tarde ou temprano no-lo volverán facer...

Deixa de mancarte e escoita ó corazón

blissa

Mar e Lúa disse...

Ufffff! Xa me gustaría poder dicirche algo que che servise, pero aínda non atopei a solución a este tipo de caídas...
E teño tan pouco equilibrio ás veces...!

¿Avisarasme ti se a atopas?

Un bico e ánimo

Anônimo disse...

Nunca é tarde.
Para cambiar o rumbo nunca é tarde, para atrás non dar nin un paso, nen sequera para coller carreiriña.

Adiante

Hermaco