29 de março de 2008

Outro ano mais de sufrimento e morte en Canadá

Hoxe é un día negro para as foquiñas canadienses, tamén para todo-los amantes dos animais e para toda a xente con corazón que non entende de razóns para esta tortura.
Si señores, hoxe un ano mais comeza a matanza indiscriminada de focas en Canadá e este ano o sufrimento que me producen as imaxes que se ven a diario no telexornal doen mais que nunca xa que tiven a sorte de estar cerca dalgún destes maravillosos animais.

Que contradicción,nas nosas costas todo-los anos chega algún exemplar de lobo mariño cincento en moi mal estado de saude e toda-las persoas que forman parte da CEMMA así coma dos colectivos ecoloxistas que forman parte, unen todo-los seus recursos tanto económicos como persoais para tratar de recuperalos e devolvelos sans á súa vida no mar. E mentres en Canadá se están matando a paus. É desquiciante.

O goberno canadiense asegura que a caza se leva a cabo humanitariamente, que é sostenible, está monitoreada e manexada de preto polo goberno. O primeiro, "y una mierda", e perdón pola forma de expresarme e o segundo "¿e a min que me din con que o goberno estea vixiando de preto?, e como se din: tranquilos ese asesino segue matando pero o estamos vixiando". Como vai ser humanitaria unha matanza que se ten lugar no momento nos que as mamas dan de comer aos fillos e estes son golpeados, arrastrados por ganchos polo xeo e moitas veces aínda nin estan inconscientes cando lles arrincan a pel, según un dos monitores de cacería da IFAW: "un cazador de focas golpea a cada foca dentro de un pequeño radio del cuerpo para inmovilizarla, luego arrastra los cuerpos al centro de un círculo. Voltea a las focas una por una sobre su dorso y la desolla. Si la foca se voltea o lucha contra el desollador, éste la volteará sobre su estómago, la golpeara varias veces y luego terminará de desollarla." ¿Isto é humanitario?.


Penso e desexo que se mantemos unidas as nosas forzas, aínda que tan só sexa con pequenos xestos como manifestando publicamente o noso desprezo e dando o noso apoio a toda esa xente que está loitando para que todo isto acabe un día poidamos ter un titular de xornal que diga: "Este ano non terá lugar a matanza de focas en Canadá".

¿Que mais podes facer? Firma a petición da HSUS para que Europa poña fin ao comercio de pel de foca:

http://www.hsus.org/about_us/humane_society_international_hsi/seal_trade_ban.html

1 comentários:

Anônimo disse...

Que rabia, que noxo, que impotencia!!!, dame vergoña mirarlle á cara ás foquiñas, aídn aque non teña a culpa desa matanza.

Hermaco