Mírame de fronte, aos ollos e dime todo o que che pase pola cabeza, e eu tamén o farei así.
Considerome unha persoa moi comprensiva, entendo a todo tipo de razóns e tendo a confiar demasiado na xente. Tamén é verdade que cando algo me importa ou me preocupa a miña cabeza colápsase e lle costa moito avanzar, non deixa de funcionar nin cando está descansando xa que me preocupo demasiado por todo, por cada mínimo detalle. Pero sempre pregunto cando dubido de algo, aínda que as veces non teña respostas ou que as ramas sexan tantas que non poidan evitar irse por elas.
Pero eche o que hai...Son así e non podo evitalo. O único que pido é sinceridade e valentía. Sinceridade tanto sexa para ben ou para mal porque me fai máis dano a mentira que a verdade que se poida pensar que é a que máis lastima no mundo, non creo nas mentiras piadosas. E valentía para poder dicir esas verdades, aínda que coste, para min o esforzo xa vale a pena, é digno de admiración.
Hoxe escribo de maneira moi directa, simplemente me apetecía decir o que dixen e punto, escribino e xa está, como son eu, non hai rodeos, non hai segundas e non vai por nadie en concreto que lea o meu blog.
Non é unha boa actualización pero, nin me matei a pensar, nin poño cancións. Pero aquí queda esto.



0 comentários:
Postar um comentário