18 de outubro de 2008

Por ela, Luiña

Todo comezou un caluroso día de agosto do 2002, cando recollimos a esa pequena criaturiña que tan só tiña 2 meses de vida, unha cachorriña de boxer, linda coma un sol co seu andar aínda patoso e cunha ganas infinitas de vivir e xogar. A súa mirada cautivounos desde o primeiro intre convertindose xa en parte de nós. ¿Cómo lle puxemos de nome? Lúa...

De camiño para o novo fogar unha pequena parada no parque para que comezase a descubrir novos mundos, os seus pasos
aínda eran tan torpes e lentos, tanto que case non avanzabamos así que ía un pouco a pé e outro no colo, era tan pequeniña que sen darnos conta intentou baixar un escalón duns 10 cm de alto e levou unha trompada impresionante, co consecuente susto que eu levei!!, mimos, mimos e máis mimos, ese foi o único resultado do pequeno incidente.

Era unha alegría continua e unha fonte de disgustos para Fina, que si non sei cantos pares de zapatos mordidos, que si un día arrepiñaba a roupa que estaba colgada do tendal para deitarse, vasoiras, ferramentas, alfombras, etc. todo destrozado, cada día agardaba cunha sorpresa nova e cunha mirada de “eu non fixen nada” antes nin de que mediaramos palabra. “Cousas de nenos” como se suele decir, neste caso “cousas de cachorros”. Pero como cabrearse con ela durante máis de 10 minutos, cando te miraba con eses olliños tristóns pedindo mil desculpas.

Pasan os anos e seguía con esa enerxía imparable, recibindote a saltos, lametóns, e cun movemento de cu que parecía que en calquera momento ía a partir en dous pedazos (a falta de rabo algo tiña que menear a pobre). Longos paseos polo monte, polo río, pola praia… onde sempre acababa feita un pito, daba igual que fose unha pequena poza ou un profundo río que sempre ía de cabeza, moito lle gustaba a auga á condenada.

Xa con 2 aniños decidimos buscarlle un mozo aposto e varonil, e atopamos, si, pasou un par de días na casa entre que a tiña que conquistar e todo iso, que a Luiña non era cadela fácil. O froito dese idilio amoroso foi unha camada de 7 cachorros, dos cales un é a miña kiara, foi incrible, non

collía dentro de nós tanta alegría. Eran tan pequenos, cos olliños pechados, tan bonitiños que non teño palabras para describilos, e que decir de Lúa, unha nai exemplar. Estes tamén medraron e fixeronse tan destrozóns como a nai polo que chegou o momento de buscarlles unha familia, momentos duros, cada un que marchaba era unha bágoa e un vacío, pero xa sabíamos que tiña que ser, non podiamos quedar

con todos, imaxinas que loucura!!

Din que cando un can ten a súa primeira camada “asenta”, e así foi con ela, aínda que as ganas de xogar, de correr, de comernos a lametóns nunca a perdeu e de cando en vez aínda nós deixaba algunha sorpesiña… Como lle gustaba xogar con kiara!!!a pesar de que era máis xovenciña, Lúa gañaba en moitos dos xogos, as dúas perseguían a pelota xuntas, collían paus e pelexaban por el, e cos “nudos”, mimá!! Cada unha tirando dun extremo podían pasar horas. A Kiariña encantaballe ir a visitar á súa mamá e sair todos xuntos.

Pasan os anos, e xa ten 6 anos, a súa última camada “por accidente”, 2 cachorriños, tan lindos como os da primeira. Unha semana despois do parto recibo unha chamada “Lúa está muy mal, voy a llamar al veterinario”, agardo ansiosa a 2ª chamada, “tiene una infección provocada por el parto, le puso antibióticos pero dijo que igual no sobrevive, hai que esperar”. Un nó na gorxa apretabamente con forza, pero non o penséis dúas veces a pesar da situación incómoda que suporía ir ata alí, “¿podes vir a buscarme para ir a vela por favor?” el tampouco tivo que pensalo, “En 15 minutos estoy en Ponte”.

Cheguei, e alí estaba, deitada, cos dous cachorriños intentando mamar desesperadamente, sen forzas case nin para mirarme, puxenme de xeonllos para acariñala e dalgunha forma intentar darlle forzas, 2 horas paseime ao seu carón sen separarme dela nin 1 minuto, momentos moi duros, por/para ela, por/para el, por/para min. Pero chegou o momento e tiña que volver para á miña casa, “despidete de ella que ya tenemos que marchar”. “adeus Luiña linda, verás como te pos ben, veño a verte outro día”.

Espertei ao día seguinte, vexo o móvil como de costume e teño un sms… Angel:”…y ahora a Lúa, se nos murió, gracias por despedirte de ella, bikos”, leer iso foi coma se me clavasen un puñal en todo o corazón e rompín a chorar desconsolada, non podía ser!!!porque??ten que ser unha broma de mal gusto!!pero non… día triste e noite de lembranzas e bágoas contidas durante unha pequena cea polo seu recordo.

Morreu un 17 de setembro, data que durante case 6 anos foi de celebración, o séptimo foi de amargura, ¿casualidades da vida? Non sei, a pesar de todo parece que por unha cousa ou por outra sempre vai ser unha data sinalada no calendario.

Porque tardei tanto en escribir algo para Lúa, pois porque doia demasiado, comezaba e non podía seguir, por fin conseguín rematae aínda que a duras penas.





Sempre estarás nos nosos corazóns e nas nosas lembranzas.

2 comentários:

Anônimo disse...

Tardaches en escribir, pero a espera mereceu a pena, quedouche precioso. Teño o estómago encollido, e non vin a lúa na vida!

(blissa)

Lúa disse...

Pois era como kiariña, bueno un pouco menos inquieta (pero é que kiara é hiperactiva!!) e ¡¡Non roncaba a nadie e levabase ben con todo-los cans!!marchaba con calquera.

Escribindo só intentei gardar parte da súa memoria.