Ábrese unha porta. ¿Quen son? ¿onde estou? Non me recoñezo nas palabras da persoa que se atopa detrás..., ¿coñezoa?. Da súa man comezo a camiñar, a indagar nese miterioso lugar onde todo parece familiar, os recordos atópanse borrosos ao principio, pero… - ¿Cóntame? ¿Que pasou para que se pechara este lugar dun portazo?
- ¿Non te lembras? Ás veces sentimos tanta dor que non queremos mirar cara atrás, non queremos recordar, simplemente pechar esa porta para poder abrir outra.
- Pero, non entendo, eu non fun, ¿quen o fixo?, fai tanto tempo diso...
- Eu.
- ¿Ti? Oh, si, xa todo comeza a estar mais claro, o que nunca fun capaz de comprender é o porque, nin de onde saeu tanto rencor, aínda non estaba preparada… me quedaba moito por aprender, ¿Por qué non supeches comprendeme?
…
Miro o reloxo e as agullas pararanse nas 8.00. A conversa alongabase e comezaba a clarear o día, con esas primeiras luces puiden ver cada vez mellor cada recuncho, comprendendo os meus erros, facendome ver que non vivira unha mentira coma moitas veces cheguei a pensar, rindo, chorando, descubrindo cousas que xamais fun capaz de ver desde outra perspectiva que non fora a miña.
- Téñome que ir xa, pero deixaremos a porta medio aberta.




